martes, 15 de noviembre de 2016

HPP: 1894-1913/15



SANTIAGO: 1894-1913/15

-1894: Heraclio Pérez Placer e a súa dona trasládanse a Compostela novamente, onde residiron 
durante case vinte anos na rúa Tránsito dos Gramáticos, aínda que tamén pasaban longas tempadas
 na casa “A Granxa de Ventosa”, en Ames, rebautizada como “Villa-Placer”.

-Non temos noticias certas de que exercese de médico; debeu dedicarse a súa vida literaria,
 disfrutando da acomodada posición da súa muller.

-Non tiveron fillos, aínda que compartiron a súa vida cunha das sobriñas da súa muller, Natalia, que 
veu de nena de Oviedo para acompañar a súa tía.

-1895: publica o considerado mellor libro seu en galego, Contos da terriña.


-1895: o 14 de outubro morre a súa nai, Manuela Placer Rodríguez, a quen estivera moi vencellado.

-1895: publica nun só libro os versos en galego A vendimia e Costumes vellas; escribe o Prólogo para
 Recuerdo, de Álvarez de Nóvoa; e comeza a colaborar na revista As Burgas.

-1895/1908: os seus relatos e poemas reprodúcense en varias publicacións periódicas de Galicia e 
da emigración: El Eco de Galicia, da Habana, Galicia, de Martínez Salázar, La Tierra Gallega, tamén
 da Habana, El Eco de Galicia, de Bos Aires, El Regional, de Lugo, La Estrella Galaica, de 
Santiago, Revista Gallega, de Galo Salinas, Nova Galicia, de Bos Aires, La Voz de Mondoñedo
Follas Novas, da Habana, A Nosa Terra, entre outras.

-En Santiago leva unha intensa vida social.

-1899: publica Apuntes sobre literatura gallega.

-1900: publica a novela en castelán, Belial.

-1901:  aparece o su último libro en galego, Veira do Lar, aínda que parece que non estivo á venta 
até 1903.

-1903: publícase Verde y rosa, cuentos cortos.


 -1904:publícase Narraciones compostelanas.

-1904: publícase o libro de poemas en castelán Oqueruelas.

-1905: preside a Asociación de Médicos Libres do distrito universitario de Santiago.

-1907: publícase a peza teatral Lo inmoral de la moral; Espíritu y carne, en Madrid.

-1908: en abril acode á Coruña a recibir os restos mortais de Curros Enríquez.

-1912: en setembro desembarca en Bos Aires, coma médico da Naviera Anglo-Argentina.

-1913: Diálogos femeniles. Derradeira publicación da que temos noticia. A partir deste ano o noso autor desaparece da escena literaria por motivos estraños, dos que só nos cabe apuntar suposicións.


-Na Compostela dese tempo moi recoñecida foi a actividade social por el desenvolvida para dar impulso ao nacente velocipedismo, presidindo a Sociedade Velocipédica Sport. 



-Vai sufrir desterro (según recolle a nota de prensa, de tres anos, seis meses e vinteún días, ademais dunha multa de cincocentas pesetas) ocasionado por graves inxurias contra un notario de Compostela publicadas no xornal madrileño “El Diario Universal”, polo que tivo que abandonar Galicia causando un verdadeiro problema económico na familia (Villa-Placer, por exemplo, foi vendida con urxencia).

 

Gaceta de Galicia : Diario de Santiago. Decano de la prensa de Compostela: Num. 92 (24/04/1912)

No hay comentarios:

Publicar un comentario