"-A propósito, quixera ter unha palabriñas coa súa muller. Ela é a única que sabe o que pasou na rúa do Cuartel.
Por baixo do Pazo, a estrada traza unha curva endiañada. Na mesma revolta, pinga a fonte do Cirrichote. Pareime a botar un grolo e lin o papel. Tratábase dunha carta dirixida á radio, a un programa de adicatorias. O remitente, solicitaba un tema para "Miss Bouvier".
Aínda ben non cheguei á comisaría, crucei o Parque de San Lázaro para visitar os estudios de La Voz del Miño."
Bieito Iglesias, "O que enganan as iguanas" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.163
No hay comentarios:
Publicar un comentario