jueves, 7 de abril de 2016

Tildou de candonga

"E así foi que volvín ó Vilar antes do que pensaba. Metéuseme na cabeza que Ela, a que a nai do Morocho tildou de candonga, tiña que estar aquí. Era dar unha patada no ceo, pero un mozote que saiu de Wichita, teso, presumido e con cartos, acaba recalando neste andurrial. E nunca falta unha lista que lle poña o narigón.

  Entrei no Love Love coa garda erguida, coma un boxeador medrán, e anque non recibín embestidas físicas, si que me escornaron a honra canto quixeron. Era luns, día de escaso trafego e só dúas mulleres, xa vedrañas, permanecían ó pé do cañón.(...)

  -Ese muchacho está pola Cona Eléctrica."

Bieito Iglesias, "Luanda" en  miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 19

No hay comentarios:

Publicar un comentario