"-Eu estou cómodo na miña talla. Presume de amizades se queres, pero un sapo no piso dezasete da Torre segue sendo un sapo. De maneira que paraches na Gudiña e envorcaches a carrada. Velaí teñen Francia, ¿viron que prontiño chegamos? ¡Como anda o Barreiros! Agora paguen a segunda entrega e sorte. Nesas, unha parella de gardas dávos o alto. Ti e mailos portugueses azancoades pola restreba, e os cereixeiros ¡lume no cano! como na televisión."
Bieito Iglesias, "Luanda" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx. 16
No hay comentarios:
Publicar un comentario