"Despois perdín o sentido. Por momentos despertaba a un doloroso duermevela, baqueteado polas revoltas que a Tina collía con volantazos bruscos, ata que rompeu o día, xa nos arrabaldos de Ourense. Subín a gatas as escaleiras escuras dunha casa mísera, que despois souben situada na Avenida de Portugal, e cando cheguei a unha cama dispúxenme a morrer en paz. Non sei polo que, teño a cisma de morrer de morte morrida, ben acochado no leito, e non en calquera esquina coma un can adoecido. Pero a cousa non foi por aí."
Bieito Iglesias, "Luanda" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.25
No hay comentarios:
Publicar un comentario