"Á noite asomámonos á xanela e vimos, de lonxe, o folión na Ponte. A lucería remontábase por riba dos edificios máis altos, e os estalos dos cubos e bombas de palenque ecoaban nos montes que rodean a cidade. Despois, Tina puxo a radio mentres fritía uns ovos. Cantaban os Tamara: "A Santiago voy, como un peregrino por el camino de la ilusión". Ó escurecer sempre me volvo melancólico, con máis razón nunha casa que estrañaba."
Bieito Iglesias, "Luanda" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.28
No hay comentarios:
Publicar un comentario