"Dirixinme a pé e andando ás Caldas, esporeado pola urxencia de atender o desafío do Maragato, que me agardaba coa baralla a punto no café Canedo. Parei só unha miguiña ante o portal da miña casa de solteiro. Na Troya había xolda. As forzas vivas do barrio, maioristas de alpiste, axiotistas do aceite e un propietario de autoescola, celebraban o patrón con festa de pote e discursos."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.37
No hay comentarios:
Publicar un comentario