"Peguei un brinco, porque no meu barrio a churreira pasa os domingos, e o último que lembraba era a velada dun martes infausto, no que me rondara e case me sorprende a morte empoleirado no alto da Ponte de don Luís. Non me acordaba de máis nada (...) Explicoume que era xoves, e non día de precepto como temera, levaba un día coa súa noite enroscado no cocho coma unha cobra aterecida. Os churros estaban pasados, trouxéraos a víspora dunha cafetería do Parque. Nun quiosco do centro mercara tamén o número de A Zarpa que estaba enriba da cama."
Bieito Iglesias, "Luanda" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.25
No hay comentarios:
Publicar un comentario