"Non tropecei con outros coñecidos, pero o paseo endeica a cadea púxome de bo humor. Foron quizais as leiteiras recorrendo os portais cos cacharros á cabeza, as mulleres batendo as alfombras nos corredores, un loro que me insultaba dende unha galería: "Mamado, mamado"; a disposición con que as xentes acometen as angueiras da mañá. A festa dourou pouco. Na porta do cárcere despedínme da cara amable da cidade, respirando o airiño perfumado que viña da rosaleda do Posío. Despois, entrei nuns calabozos que alcatreaban a balor e humidade."
Bieito Iglesias, "Luanda" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.15
No hay comentarios:
Publicar un comentario