"Na casa xa sabían o conto. Resulta que o suceso afectaba a un veciño, a unha familia que vivía ó pasar a tasca de Raposo, entre o Ribeiriño e a Chabasqueria. O fillo do varrendeiro colgárase.
-¡Mira ti que cousas!- exclamou a Tina-. Parece que foi onte cando festexou á filla no concurso de misses. (...)
Polo si ou polo non, mentres guiaba o coche pola Ponte Vella fixen memoria do que sabía do defunto. Aquilino Cachafeiro pertencía a unha familia humilde..."
Bieito Iglesias, "Miss Ourense" en miss Ourense, ed. Galaxia, Vigo, 1994, páx.39