"As noticias que chegaran de Cea e dos lugares veciños ao Mosteiro, eran desacougantes. Moitas leiteiras viñan dicindo que un ramo de tolicie pegara naquiles paisaniños, decote tan estoas e resinados.
Os republicáns do Casino pubricaron un "manifiesto" encabezado polo médico Barada, o procurador Tramancos, o xastre Cuanda, e "siguen las firmas" (...)
Aquela misma noite a Junta Federal das Sociedades Obreras, acordou por unanimidade, ter un mitin da cras traballadora agremiada, na Praza dos Coiros, frente ao local do Centro."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 246, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario