"-...que si nos mantemos xuntos e moralmente unidos, coma nista ocasión, xa poden vir o alcalde, o gobernador, as beatas falsas, os xamoneiros da Ponte Vella, os tendeiros maragatos, a burguesía porca, os señoritos de camisa planchada e barriga baleira e todos os xendarmes do país. Eiquí hai que falar e falarase, que pra iso somos nados con língoa, con memoria, con azos...
-...e sin direitos...
-...e sin direitos pra a nosa cras, mais dalgún xeito han de conquerirse e o millor xeito é botarse á rúa, a falar a berros polas rúas, polos campos, polos montes..."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 248-249, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario