"(A voz da rapaza escachábase descontra as paredes das casas probes, de tres pisos, do rueiro da Pescadería, coas súas fiestras cheias de restos calados, anceiosos e conmovidos. Era unha voz de nobre metal, superior ás inxeles verbas que contiña.
Fendendo por entre os brancos e moles pallabarros, asomaba como unha proa, o pozo de seis pisos, de orgulosa e nova canteiría, da Banca Romeral, con todas as fiestras e balcóns fechados, pesie ao bochorno do día).
-Xuntámonos eiquí, compañeiros, amigos e veciños, pra considerarmos o caso dos compañeiros labregos de Cea e de Ursaira. (...) Pois que sepan uns e outros que os labregos de Cea e Ursaira, non están sós; que o proletariado e as verdadeiras crases ilustradas da cidade están con iles e fan con iles cousa común pra que o despoxo non se leve a termo e se respete a vontade dos veciños, pra o caso dos feligreses. Teñen direito a defender o que é seu, e terán a nosa axuda..."
Eduardo Blanco Amor, Xente ao lonxe , páx. 249-250, Editorial Galaxia, Vigo 2006 (2ª edición en BBA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario