“Queres saber que
eu coñecín a don Álvaro? Era un home moi sabio, tiña unha cabeza... E tamén
tratei con Vicente Risco, que era de pola miña zona. Don Vicente publicou un
relato, alá polos anos 20, baseado nunha historia que lle contei eu. Era unha
fantasía, unha das moitas que se me ocorren. Como paso tanto tempo viaxando en
soidade... A todo isto non sei se
saberás quen foi Vicente Risco, nin Álvaro Cunqueiro... Estudaríalos no
colexio; mais non tes pinta de teres atendido moito.”
No hay comentarios:
Publicar un comentario