Dirección: Roberto Oliveira.
Guión: Isabel Blanco. 2019. Protagonizada por: Irene Silva (Manuela Romasanta),
Noa Vigo (Petra), Silvia Penas (voz de Romasanta). Duración: 17m. Estreada no
Museo Marco de Vigo o 25 de xaneiro de 2019.
Suxerinte e poética curta que se inspira no traballo fotográfico de
Laia Abril, apoiado nun texto cun poder lírico inmenso e unhas imaxes,
tinguidas de branco, negro e vermello, que adentran ao espectador no mundo
sensorial das protagonistas: o que escoitan, o que ven -eses camiños
solitarios, esas paisaxes case salvaxes, esa cociña-laboratorio-, o que
senten... Combinación de espazos abertos e pechados que amosan ese dobre drama
da muller que se transforma en loba e asasina, e da muller que sente unha
poderosa atracción por unha feminidade perdida, castrada, e pola inocencia
infantil, e pola graxa humana. A música e a respiración subliñan en cada
momento a intensidade emocional e sensorial de cada plano.
No hay comentarios:
Publicar un comentario