O lobo da xente. Vicente Risco. Publicado na Revista
Lar (nº 10, 1925)
Relato de Vicente
Risco publicado en 1925 na revista Lar no seu número 10, conxuntamente co
relato “A trabe de ouro e a trabe de alquitrán”.
Revista Lar. |
En 1972 a
editorial Galaxia publicou o relato nunha edición da súa obra O porco de pé,
con ilustracións de Xohán Ledo.
Edición de 1972. |
Tamén se publicou
no ano 1989 nesta mesma editorial formando parte da Antoloxía do conto
popular galego do século XX, nas páxinas 33-43.
Antoloxía do conto popular. |
No ano 2004
aparece no segundo tomo das obras completas de Vicente Risco, tamén en Galaxia,
baixo o título “Trabe de ouro e outros contos”.
Obras completas de Risco |
No 2014 a
Fundación Vicente Risco fixo unha edición especial, na que se inclúen páxinas
do manuscrito orixinal. Podes consultar esta edición no seguinte enlace.
Edición 2014. |
No ano 2009 Xosé
Manuel Rodríguez “Moxom” fixo unha adaptación á banda deseñada.
Banda Deseñada de Moxom |
O relato está
influenciado polas lendas populares de lobishomes. Lembrar que catro anos máis tarde de dalo a
coñecer Vicente Risco, en 1929, lerá o seu traballo: “Un caso de
lycantropía, Manuel Blanco Romasanta” no seu ingreso na Real Academia
Galega da lingua.
O relato sitúase
preto de Trives, e alí, a Ánxel apareceráselle un lobo na casa que sufrirá unha
metamorfose. Recolle a tradición de que se podía rematar coa maldición de
converter a alguén en lobo tras queimar a súa pel. Tamén aparece xa a presenza
da “lobismuller”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario