domingo, 26 de abril de 2020

Bibliografía cronolóxica (II)


· 1859: “Reseña de la causa formada en el Juzgado de 1ª. Instancia de Allariz, Distrito de La Coruña contra Manuel Blanco Romasanta, el hombre lobo, por varios asesinatos”, ordenada y publicada por R. F. Madrid, Imprenta de la Viuda de Don Antonio Yenes, Plaza del Progreso núm. 13”, del año 1859, obra en octavo mayor, de 225 páginas. Autor: Manuel Rúa Figueroa, el Abogado en turno de pobres que defendió el caso ante la Audiencia de A Coruña.

(Na obra faise unha reseña de toda a causa, desde o inicio do proceso, aínda que centrándose máis na parte da que se encargou o propio Rúa Figueroa. Inclúe literalmente os seus discursos e os do fiscal, xunto coas últimas sentenzas e as cartas da raíña Isabel II. Os informes do anterior avogado defensor, en Allariz, e a primeira sentenza non aparecen literalmente, tan só referidas as súas circunstancias.)
Reeditada por TECNOS no ano 2000.

A causa contra Manuel Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da Coruña). Xunta de Galicia, 2014. –Inclúe a edición facsímile da Reseña-.

Consérvase un exemplar do expediente de Romasanta no Arquivo do Reino de Galicia coa sinatura 10.268, constituído por 7 pezas. Formaba parte da entrega de expedientes da Escribanía de Castro Arias que se fixo ao Arquivo en 1862. Unha vez rexistrado no Arquivo permaneceu “esquecido” durante máis de 70 anos. Non volverá a interesarse ninguén por el ata que Vicente Risco recorre ao proceso xudicial para o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, aínda que non consultou o expediente senón a reseña publicada por Rúa Figueroa. Si a consultou Carlos Martínez-Barbeito, quen seguramente a coñeceu por medio do seu avó, Andrés Martínez Salazar, que fora director do Arquivo do Reino de Galicia durante varios anos a finais do XIX e principios do XX. A consulta debeu realizala na sede da Audiencia Territorial, onde estaba situado entón o Arquivo do Reino de Galicia. Afortunadamente a causa non se perdeu durante os traslados de sede que experimentou este Arquivo e os seus fondos, converténdose nun dos documentos máis reproducidos do Arquivo do Reino de Galicia: entre o 2003 e o 13 lévanse feitas case oito mil copias en papel,  e case seis mil copias dixitais.



-1861. Estes informes orais tamén aparecen recollidos no libro “Colección de DISCURSOS FORENSES Tomo Primero”, publicados no ano 1861 pola imprenta de Luis Tassó, de Barcelona, aparecendo recollida a cita aos pregos de cordel que sinalamos antes na páxina 151.


No hay comentarios:

Publicar un comentario