lunes, 27 de abril de 2020

Bibliografía cronolóxica (II)


1929. Risco, Vicente. “Un caso de lycantropía, Manuel Blanco Romasanta. Lido o 23 de febreiro de 1929 no Salón de Festas da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña, no número 38, piso 1º da Rúa Rego de Auga. Foi sede da Real Academia Galega entre 1906 e 1920. Desde 1916 compartiu sede coas Irmandades da Fala.  

Rúa Rego de Auga. A Coruña.

Discurso de ingreso na Real Academia Galega (publicado posteriormente pola Real Academia Galega e Editorial Moret, 1971). 


(Risco toma os datos de Rúa Figueroa, estuda a vida de Romasanta en relación coas lendas galegas e europeas dos homes lobo, e aborda os aspectos psicolóxicos e históricos do tema.

Risco ocúpase novamente da licantropía nos cadernos 3º e 4º do tomo I da Revista de Dialectología y Tradiciones populares. 1945. “El lobishome”, páxs. 514 a 533.

Tamén lle dedicou dúas páxinas (290-291) no apartado de “Cultura espiritual” no Tomo I “O home”, da Historia de Galiza dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Ed. Nós, Bos Aires, 1962. )

No hay comentarios:

Publicar un comentario