· 1859:
“Reseña de la causa formada en el Juzgado de 1ª. Instancia de Allariz, Distrito
de La Coruña contra Manuel Blanco Romasanta, el hombre lobo, por varios
asesinatos”, ordenada y publicada por R. F. Madrid, Imprenta de la Viuda de Don
Antonio Yenes, Plaza del Progreso núm. 13”, del año 1859, obra en octavo mayor,
de 225 páginas. Autor:
Manuel Rúa Figueroa, el Abogado en turno de pobres que defendió el caso ante la
Audiencia de A Coruña.
(Na obra faise unha reseña de toda a causa, desde o
inicio do proceso, aínda que centrándose máis na parte da que se encargou o
propio Rúa Figueroa. Inclúe literalmente os seus discursos e os do fiscal,
xunto coas últimas sentenzas e as cartas da raíña Isabel II. Os informes do
anterior avogado defensor, en Allariz, e a primeira sentenza non aparecen
literalmente, tan só referidas as súas circunstancias.)
Reeditada por TECNOS no ano 2000.
A causa contra Manuel
Blanco “O home lobo”. (Expediente xudicial da Audiencia Territorial da
Coruña). Xunta de Galicia, 2014. –Inclúe a edición facsímile da Reseña-.
Consérvase un exemplar do expediente de Romasanta no Arquivo do Reino de
Galicia coa sinatura 10.268, constituído por 7 pezas. Formaba parte da entrega
de expedientes da Escribanía de Castro Arias que se fixo ao Arquivo en 1862.
Unha vez rexistrado no Arquivo permaneceu “esquecido” durante máis de 70 anos.
Non volverá a interesarse ninguén por el ata que Vicente Risco recorre ao
proceso xudicial para o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, aínda
que non consultou o expediente senón a reseña publicada por Rúa Figueroa. Si a
consultou Carlos Martínez-Barbeito, quen seguramente a coñeceu por medio do seu
avó, Andrés Martínez Salazar, que fora director do Arquivo do Reino de Galicia
durante varios anos a finais do XIX e principios do XX. A consulta debeu
realizala na sede da Audiencia Territorial, onde estaba situado entón o Arquivo
do Reino de Galicia. Afortunadamente a causa non se perdeu durante os traslados
de sede que experimentou este Arquivo e os seus fondos, converténdose nun dos
documentos máis reproducidos do Arquivo do Reino de Galicia: entre o 2003 e o
13 lévanse feitas case oito mil copias en papel, e case seis mil copias dixitais.
-1861. Estes
informes orais tamén aparecen recollidos no libro “Colección de DISCURSOS FORENSES Tomo Primero”, publicados
no ano 1861 pola imprenta de Luis Tassó, de Barcelona, aparecendo recollida a
cita aos pregos de cordel que sinalamos antes na páxina 151.