"inocente federal, calquera día vante levar ás alpabardas, lapón (díxolle) e el púxose bermello sóio porque lle chamou lapón, pero cando a víu deitada no chau, coa falda subida, ensinando toda a redonda negrura das súas pernas mouras, esquecéuse de aquelo e sentíu un cabalo trotando no lugar do corazón. Púxose de xionllos, miróu pró fondo da Fontemoura e log tendéuse pegado a ela. Facía sol e a tarde íbase tornando redonda, cada vez máis redonda, latexando enteira ó compas do peito, entrecortado e arelante..."
Carlos Casares, Xoguetes pra un tempo prohibido, ed. Galaxia, 4ª edición, Vigo, 1976; páx. 13.
No hay comentarios:
Publicar un comentario