“-Leite, ¡qué trompa teño!
-Bueno,
bueno, Cachorro.
-Dígoche
que sí.
Suben
pola rúa da Cruz Roxa, uf, veremos quén traballa mañá. Os novos queren
continuala, porque esto non é máis que o comenzo, coño, o millor aínda nono
pasamos i o Cachorro mira prá estatua do P. Feixó e pregunta quén carallo será
iste tipo. Os outros rínse.
-Qué
máis ten.
-Pois
estaría bó velo baixar agora de ahí arriba e que se viñera con nós de farra.
As
risas dos compañeiros óuvense lonxe i eles siguen o camiño e deixan atrás ó
frade de Casdemiro, que mira ó chau, cavilando os máis fermosos pensamentos que
nunca dirá, as pequenas palabras que se adiviñan trás da súa muda presencia,
mentras asiste ó noso teatro ca pluma suspendida no aire, impotente dende a
rixidez do bronce, glorificado niste intre, cando o Cachorro mexa sin recato
contra a peana sobre a que se ergue a súa iñorada imaxen.
-¿Cómo?
-De
Casdemiro.
-¿De
dónde dis que era?
Boh, dígoche que de Casdemiro,
ahí ó lado de Melias, indo pola carretera de Monforte. O Cachorro descende das
escalinatas do xardín decindo: “Pois a mín nin me vai nin me ven, así que vóume
a dormir”. Pídenlle que espere un pouco, pero non espera porque
.
.
.
.
.
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.87-88
No hay comentarios:
Publicar un comentario