martes, 30 de mayo de 2017

Xoguetes pra un tempo prohibido (1975)

Capa da 1ª edición, 1975
"En 1975 Casares gaña o Premio Galaxia con Xoguetes para un tempo prohibido. A novela ten moito de peche dunha etapa vital e literaria pois, segundo el mesmo confesaría "naceu dunha crise persoal que se produce ao rematar a carreira e cando deixas de ter espírito de estudante para enfrontarte coa vida". (...)   Curiosamente, sendo esta a novela de Casares en que resultan máis visibles esas "vivencias, experiencias e recordos", Xoguetes leuse sobre todo como unha crónica xeracional. Na miña opinión, a novela debe interpretarse a carón dun feixe de obras que, dende comezos dos anos setenta, empregan o modelo xenérico do Bildungsroman ou novela de iniciación sentimental como fórmula idónea para a revisión crítica do pasado, e a abordaxe dun futuro alternativo que se intuía cando menos conflitivo."

Vilavedra, Dolores. "A singularidade literaria de Carlos Casares", páx. 49, na Revista Grial, tomo LV, nº 213, xan-febr-marz, 2017.

Outras edicións:

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario