"con garantías de abondo de que nunca máis volvería a
bicar unha rapaza
debaixo da plataforma dos cabaliños
baterlle a un alias compañeiro
escapar prás Covas
atopar unha pistola
ter arte e parte nun recuncho do perió-
dico reservado ós sucesos cotidianos
por culpa dun disparo
b
a
i
x
a
r
por Capitán Eloy
seguir pola rúa do Progreso
chegar as dependencias do club de tenis
espiar dende o carballo chamado dos espías
sal-
tar"
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 63-64
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páxs. 63-64
No hay comentarios:
Publicar un comentario