"Colle a bicicleta, pasa por didiante do Goberno Civil, torce á dereita, por enfrente do Instituto Nacional de Previsión, logo vira á esquerda, baixa pola Diagonal e métese na rúa do Xeneral Franco, antes chamada do Progreso. Entra no taller e dí "De parte do xefe si poden mandar pronto a un operario, que se derramóu o motor e non temos auga pra facer a masa". Respóndenlle "Agora mandamos ó mecánico" e il sai de novo, atópase co calor da rúa, sube por Capitán Eloy e torce pra coller polo Paseo, pero pensa que ó millor é dirección prohibida. Entón báixase didiante do Banco de España e ca bicicleta na mau sigue o seu camiño hasta chegar á obra."
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx. 70
No hay comentarios:
Publicar un comentario