"Apaga o cigarro, tira a colilla i o sono penetra na habitación, que se vai reducindo. Pecha a fiestra i a cidá bórrase máis alá das contras, aínda ilumiñada, pero a punto de convertirse nunha gran morea silenciosa. Íspese a oscuras, soilo na presencia da door que sinte no peito, e deposita mainamente o seu cansancio sobre a paz desta cama onde hai cáseque catro anos que non durme, catro anos que vai facer o 24 do prósimom mes de agosto."
"o dito Cachorro, despóis da trompa
agarrada un domingo pola noite en compañía de rapaces-formiga en
situación mui semellante á por il soportada, despóis de estar a punto de
pelexar cun desconocido compañeiro, despóis de mexar contra a peana que
aguanta o peso do bronce estatuario cuia rixidez inmoviliza ó frade de
Casdemiro, despois de deitarse, erguerse, vomitar, etcétera, non
realizóu un análisis in mente do problema, como iste que aiquí
realizamos."
Carlos Casares, Cambio en tres, ed. Galaxia, colección "Illa Nova", Vigo, 1969, 1ª edición, páx.99
No hay comentarios:
Publicar un comentario