"Era san Gonzalo das Penas, o abade do
mosteiro de Aciveiro, quen non moi convencido co suceso acontecido cos
seus monxes e a correa de tenreiro, decidira afastarse a Oseira para
meditar.(...)
Cando o plantígrado se esvaeceu do mesmo xeito que aparecera deixando o
terreo despexado, ambos os dous amigos decidiron aproximarse ao
convento. Ante as portas manifestábanse airados os veciños de Cotelas, o
suburbio da abadía, quen en tempo de Coresma acusaban aos frades de
comer porco mentres a eles lles estaba prohibido achegarse a esa carne
baixo pena de excomunión."
Miguel Mosquera Paans. Viaxe a Lánsbrica. Colección Alcaian. Ed. Urco, Compostela, 2012, páx.82
No hay comentarios:
Publicar un comentario