"Efectivamente, como sospeitaramos, o estraño obxecto negro era unha caixa. Abrírase en dúas metades idénticas, en cada unha delas había unha pantalliña, e só unha palabra en cada pantalla. Na de arriba aparecía a palabra CADEADO, e a palabra OUTARIZ na de abaixo. Nada máis. (...)
-Un cadeado en Outariz?
-Terá algo que ver isto cos sucesos das Burgas?
Esa era a pregunta que todos nos faciamos daquela.
-Se cadra si. Mirade: en Outariz tamén hai burgas!
-E pozas de auga quente. Estarán relacionadas cos fenómenos da fonte das Burgas? En todas as termas de Ourense pasarán cousas raras?"
Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx.42-43
No hay comentarios:
Publicar un comentario