"Perseguímolo como puidemos, mais xa nos collera vantaxe. Martiño, que ía diante, viuno entrar na praza do Ferro. O tipo estaba en boa forma, víase. Porque nos deixaba sen folgos, e iso que nós facemos deporte acotío.
Na praza do Ferro, onda a fonte, dividímonos. Un para cada unha das catro rúas que parten da praza.
-Xuntámonos diante da catedral, en dez minutos! -berrei eu, meténdome pola rúa da Paz, a dos zapateiros, que xa sabedes que ten moita historia de Nós.
Raia baixou pola de San Miguel, a dos restaurantes. E Martiño e Lois foron polas de riba, as dos viños."
Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx.26-27
No hay comentarios:
Publicar un comentario