"E falando disto: seguro que algúns de vós aínda lembraredes o que pasou hai uns sete anos, nesta mesma fonte. Outros se cadra non o sabedes, porque erades pequenos de máis. Daquela baixou o caudal das Burgas -estas que están no centro da cidade- ata nun corenta por cento, que como ben sabedes, é preto da metade.
A razón foron unhas escavacións non autorizadas, realizadas por parte dunha empresa que ía daquela facer un balneario á beira da fonte. Eses furos, por erro, perforaran un dos pozos polos que subía a auga quente que alimentaba os canos, ata o punto que un secou de todo."
Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx. 14-16
No hay comentarios:
Publicar un comentario