domingo, 4 de enero de 2015

Botarse fóra da cama

"Quedaramos cedo, con idea de chegar a media mañá á ribeira do Miño, porque xa sabedes que a calor en Ourense, dende certa hora da mañá, aperta o seu. Así que nesta cidade, cando é verán, tes que madrugar queiras ou non queiras, para non torrarte, malia que sexan vacacións. Pero tampouco é para tanto. O malo de madrugar é só botarse fóra da cama. Unha vez que te ergues, está de marabilla."

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx. 17

No hay comentarios:

Publicar un comentario