martes, 13 de enero de 2015

Fuxindo por pés

"Cando nos reunimos os cinco, na porta norte da catedral, só Lois fora quen de albiscalo, fuxindo por pés.
 -Viña cara aquí ao principio, pero logo virou para arriba, e perdino! Foi cara a San Francisco! -o Lois estaba desalentado. Coitadiño, case choraba.
 -Non te preocupes, Lois -dixemos, tentando animalo-. Aínda habemos dar con el. Temos todo o día por diante.
 Así era, de certo. Cada un avisara na súa casa que iamos ao río todo o día."

Ramón Caride, O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, ed. Xerais, xaneiro 2013, páx.27

No hay comentarios:

Publicar un comentario