"Preto da entrada, unha sinxela cruz e un nome
lembran a morte causada por un disparo nunca
esclarecido no autor e na motivación, dunha fermosa
rapaza de servir, acontecido na función do desencravo,
na tarde do Venres de Santo na Plaza Maior,
atestada de xente, no ano 1891."
Ramón Otero Pedrayo
Onde a buscou a morte,
calquera veciñanza era outra morte,
a vocación tardía,
esta memoria ós seus pés,
na escalinata
de quen o sabe todo
e quen preside
docísimas paixóns de ama de chaves.
¡Pobre Asunción!
Tiña chapeu escuro aquela tarde
e ciumes de notar
¿notaches?
Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 61.
No hay comentarios:
Publicar un comentario