"...foi entón cando o Conde de Benavente e o de Lemos loitaron nas nosas rúas polo dominio da cidade, e cando as xentes de Cadórniga saqueaban a xudería, queimaban a sinagoga, mataban pacíficos veciños e raptaban ás mulleres e ás fillas doutros ós que consideraban nemigos..."
Florentino Cuevillas
"...encárnase a fachenda da fidalguía ourensán en Juan Díaz de Cadórniga."
Ramón Otero Pedrayo
¡Preñareivos a todas
a cabalo!
desafiou Juan Díaz de Cadórniga.
Hoxe tan só en efixie,
paralítico,
máis vello,
e sen cabalo...
Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 53.
No hay comentarios:
Publicar un comentario