"Entón era eu aínda todo."
Paul Celan
Hai tristezas irónicas.
Hai incluso tristezas
que só resolvería un epigrama.
Pero chegar ó fondo
(se aquí nacer,
vivir,
perpetuarse
ten outros usos)
merece unha elexía:
Hoxe, a vinteseis de Marzo,
con Serenou en tarde de calceta,
o Rei dos puticlubs
(dezaoito quilates na entreperna)
resultou invadido,
elevado a condición de arcanxo.
Esta vela vaia
por unha monarquia destronada
de xeito tan infame.
Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 95.
No hay comentarios:
Publicar un comentario