"A Moda é un salto de tigre ó pasado."
Walter Benjamin
Cando resulte todo inevitable,
incluso en Serenou.
Cando tanta apariencia se desvele
no instante do verdadeiro rostro,
incluso en Serenou.
Cando nos xuzguen
-non tanto por mentir-
canto deixando vida nese empeño.
Cando o desexo,
a boca
todo o que armou de dúbidas a tarde
sexa un xardín
(máis ben oitoxenario)
incluso en Serenou
na que sabios por fin
nos alonguemos sobre o poker de ases:
"Que aquí entre nós
viviu Matusalén,
mudou o seu disfraz cada dez anos
(aproximadamente)
Foi tahur, ventaxista, bucanero...
E o que é pior...
(Matusalén (ou sexa)
para a nosa vergonza era maricas".
Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 97-98.
No hay comentarios:
Publicar un comentario