"Cando quero ir a Italia, veño aquí."
Vicente Risco
"O día 22 de marzo do 1832, en Weimar, afundido na súa cadeira de patriarca lexendario, Xohan Wolfgang Goethe, pouco denantes do mediodía morría docemente...
Neste poderoso vivir todo chega a categoría simbólica."
Ramón Otero Pedrayo
Agora
a lombo do cabalo tamén teme
Don Vicente Risco
¿Que estación, que reino, que equipaxe tomar?
Non sabes as isobaras
Don Vicente Risco
Decide entón e xa contra a fronteira
auga, cebada e tempo...
Ó fin o que paga realmente
é que o cabalo chegue
é que o cabalo chegue
é que o cabalo chegue
Don Vicente Risco
Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 69.
No hay comentarios:
Publicar un comentario