viernes, 19 de junio de 2020

Desde logo está mal disposto o tema

"Pasarían tres minutos cando moito...
A cousa estaba ben. Pro non era pra tanto. Cando voltei ó salón,
os meus amigos fitáronme dun xeito cómplice.
Erguéronse coas copas nas mans.
-Suso, di connosco,: ¡Viva o primeiro de Maio!
-¡Viva!"

Eduardo Blanco Amor

¡Ah Rosarito Grandal...
                                       a Monalina!

O mellor foder do sur
estaba entre as súas pernas.

Prodixio dos burdeis,
polo seu leito desfilaron
as pichas máis célebres da tribu.

Pero ela combateu nas barricadas.
Alá, cando foi certo
aquel espellismo revolucionario do ano trinta e dous...

Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 81.

No hay comentarios:

Publicar un comentario