"Con Arturo nunca puiden pasar do Carpazal. Ás veces el preguntabame qué había máis alá e eu dicíalle que había máis que mato e follasca, silvas e toxos, e centos de réptiles correndo dun lado para outro, aos cales eu sabía que el tiña noxo ou medo. (...)
Polas festas de San Roque, os meus pais e tía Mercedes viñeron pasar uns días con nós. Cando escoitei a bucina do coche pitando á altura do Cruceiro, subín correndo desde o monte, co corazón atrancado na gorxa, temendo que non fosen eles."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 155.
No hay comentarios:
Publicar un comentario