"Anselmo dixo que iso se podía dicir doutras cousas que contaba a xente, pero que a historia do cura de Bóveda a presenzara a súa nai en persoa e que, polo tanto, era certa. Fóra alá polo ano 1898, nos tempos da guerra de Cuba, máis ou menos, cando un veciño que se chamaba Nicolás e que librara do servicio militar por curto de mente, dixo que ía voar."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 174.
No hay comentarios:
Publicar un comentario