"Seguimos alí, de pé, mirando ao río, durante varios minutos. (...)
"Aquela noite deume a impresión por primeira vez na miña vida de que a túa nai, ao falar de Arturo, non falaba coa transparencia de sempre", díxome Carlos no coche, a noite da súa morte, cando estabamos parados preto da Fontemoura, naquel sitio onde Anselmo dicía que un día de chuvia, despois dun trono terrible, caera do ceo un home espido, cando el era neno."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 188-189.
No hay comentarios:
Publicar un comentario