"Carlos díxolle que un día o seu pai lle contara que viñera de visita, cando tiña dezaoito anos, e que o primeiro día, á hora de comer, cando estaban todos sentados no merendeiro da Carballeira da Fonte, no Carpazal, a non ser mamá, de pronto viuna chegar polo camiño que saía do paseo dos buxos, vestida de branco, coa melena solta, tapándose do sol cunha antuca, e quedou coa boca aberta."
Carlos Casares, O sol do verán. Ed. Galaxia, Biblioteca Carlos Casares, nº3. 1ª edición, 2002; 4ª edición nesta colección, Vigo, 2011, páx. 187-188.
No hay comentarios:
Publicar un comentario