"Abrín as fiestras e pareceume notar o cheiro á terra mollada que deixan as treboadas de verán, mais só foi un espellismo. Era unha desas noites en que a calor parece unha miñoca furiosa que se che enreda entre as pernas.
A Praza do Correxedor sufría un relativo rebumbio de xente que laretaba a media voz nas terrazas, Porter era o único nativo da cidade que paraba na barra do Auriense de luns a domingo sen soltar o vaso, sempre regalando conversa de alta voltaxe conceptual. Porter era un apóstolo do exceso, un home pegado a un tabique, un tipo de almax tomar. En definitiva: Porter era o fígado máis traballado de todo o barrio do Couto."
Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 21-22.
No hay comentarios:
Publicar un comentario