Ed. Xerais, 1ª edición, xaneiro de 2006. |
O punto de partida de "O cidadán do mes" é o electrizante encontro entre o
detective Horacio Dopico e Sonia Bouzas, unha escultural e voluptuosa
muller que busca o seu marido, un vixilante nocturno desaparecido
misteriosamente. O caso non ofrece demasiadas complicacións e o
detective acepta o traballo, mais Dopico non sabe que deberá moverse con
moita precaución nunha complexa intriga onde a dobre moral e a
corrupción non son patrimonio exclusivo da clase política. O seu
instinto, varios litros de whisky, unha sorna punk cultivada a
conciencia nos arrabaldes de Ourense e unha Smith & Wesson,
acompañarán ao detective nunha historia na que conviven sexo, violencia,
drogas e rock and roll, aínda que o realmente importante é que estamos
en agosto e Horacio Dopico non tolera nada ben as altas temperaturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario