"Pois tamén houbo unha inspiración burguesa e ata económica no tempo do romanticismo, na literatura da derradeira inspiración. A Bertha era unha burguesiña..."
Ramón Otero Pedrayo
Agora empreñan fillos,
son felices,
incluso engordan aproximadamente.
Pero elas e nós,
en maxestáticos ontes coroados,
soubemos ser terribles e fermosos,
humanos deica a sordidez e a púrpura...
¡Que lástima as alcobas!
Tanto dado
e nin sequera exercen a melancolía.
Guede, Manuel. Contra Serenou. Ed. Sotelo Blanco, 1985, páx. 113.
No hay comentarios:
Publicar un comentario