"-Ou sexa, que a vostede tampouco lle gusta o Centro Comercial, ¿non si?
-Non me foda. A ver que carallo van meter aí dentro - rebelouse.
-Pois tendas de roupa, bares...
-Merda, merda e máis merda -interrompeu moi alporizado.
-Élle o progreso, compañeiro. O século XXI. Seica van facer unhas salas de cine caralludas. ¿A vostede non lle gusta o cine?
-Non. É todo mentira, unha montaxe. Xa me dirá vostede que graza lle atopa a meterse nunha sala escura e que lle conten mentiras que custan cartos.
-A min gústame. (...)
-Mire, déixeme tranquilo -dixo por fin-. A vostede gústalle o cine e a min non, así que cada can lamba a súa caralla, ¿de acordo?"
Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 30/31.
No hay comentarios:
Publicar un comentario