"Era un home pequenote e moi gordecho, con coloretes nas fazulas e o nariz coma unha pataca. O Miño baixaba a niveis mínimos, mais notábase que abriran as comportas da Presa de Velle porque algúns coiñais viñan de quedar sepultados baixo as augas. O pescantín meteuse no río ata a altura dos xeonllos, nun pequeno recodo entre dúas correntes onde de cando en vez trouleaba algún escalo. A cada pouco enganchábaselle o anzó nuns garabullos. Eu vixiaba os seus movementos dende a beira, fumando sen parar e distráendome co paso dos automóbiles pola Ponte Nova."
Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 30.
No hay comentarios:
Publicar un comentario