"Aínda estiven un bo cacho intentando tomar un fresco inexistente. Xa con noite pecha -sabéndome sospeitoso de ser considerado un dos moitos miróns que perseguen as parellas que buscan agocho nas beiras do río para botar un canivete- alanquei por unhas rochas arriba e cheguei á Rúa do Mercado. Parei nun par de tascas onde lle tomei uns bocados de tortilla que moito ben me fixeron, e logo dirxinme cara ás obras do Centro Comercial. Dei un pequeno rodeo e atravesei a Ponte Nova ata Sáenz Díez. Xa era case media noite."
Diego Ameixeira, O cidadán do mes. Ed. Xerais, 2006, páx. 32.
No hay comentarios:
Publicar un comentario