(Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 123, 15 de xullo de 1920)
jueves, 25 de agosto de 2016
miércoles, 24 de agosto de 2016
martes, 23 de agosto de 2016
lunes, 22 de agosto de 2016
domingo, 21 de agosto de 2016
sábado, 20 de agosto de 2016
viernes, 19 de agosto de 2016
jueves, 18 de agosto de 2016
miércoles, 17 de agosto de 2016
Lúa Nova, 4
O NENO É ASÍ
Si
o neno quixera, podia voar ao ceo en calquer instante. Mas por algo non vai..
¡Gusta-lle tanto deitar a sua cabeciña nos xoenllos de sua nai, e miral-a e
miral-a sin acougo!
Sabe
un fato de verbas maravillosas. Mas como son tan poucos os que n-este mundo
entenden o que di o neno, nunca quere falar. O que arela é deprender verbas dos
labios da nai. ¡Así pon esa cariña tan inocente!
Tiña
unha morea de ouro e pelras finas, e veu a esta vida como un esfarrapado.
¡Esfarrapadiño
ispido que fai-se o probe pra pedirlle a sua nai o tesouro do seu amore!
¿Por
qué sacrificou a sua libertade si estaba tan agusto na terra da lúa crecente?
¡Ai! ¡él sabe ben o goce eterno que ten no acocharse no corazón da sua nai, e
canto mais doce que a sua libertade é sentírese preso entre os brazos amados!
Denantes
vivia no mundo da ledicia eterna, e non sabia chorar. Mas quixo as bágoas,
porque sí, co seu sorrir, ganaba o corazón da sua nai, seus labios por calquera
pena que texe un dobre lazo de amore e piedade.
(Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 184, 1 de maio de 1923)
martes, 16 de agosto de 2016
Lúa Nova, 22
A ESCOLA DAS FRORES
-Naiciña, ¿as frores van a unha escola que hai debaixo da terra, non? Alí, pechada a porta, estudarán as suas leccións; e si queren saír a xogar antes da hora, seu mestre pon-as de xoenllos n-un curro. Pero, cando chove, ¡que día de festa para elas!
As ramallas báten-se ruidosamente na arboreda; saloucan as follas no tolo vento; as nubes de tormenta baten coas suas mans xigantes... E as frores-nenas saen correndo, vestidas de rosa, amarelo, de branco...
-Naiciña, escoita; as frores teñen a sua casa no ceo, entre as estrelas, ¿sabes? ¡Mira tí, sinon, como queren subir! ¿A que non sabes tí porque corren tanto? ¡Eu si que o sei! E sei a quen tenden os seus brazos. As frores teñen unha nai como eu te teño a tí, naiciña da miña alma.
(Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 160, 1 de abril de 1922)
lunes, 15 de agosto de 2016
Lúa Nova, 32
O FIN
Héime trocare n´unha bris macia e velaiña para te aloumiñare. Serei as gurgullas do ãr da auga, cando ò bañarte margulles teu corpo n´ela, para te bicare e bicárete sin acougo. Na noite moura de furacân, cando a choiva repinica nas follas, ouvirás dend´o teu leito meu axirxilante alento, e meu rir sinxelo escintilará no lóstrego que alumee súpetamente tua alcoba pol-a fenestra aberta. Sí, pensando no teu meniño, pasal-a noite desperta, eu, dend´as estrelas, eiche cantare: "Durme, ña naiciña, durme". Brincaréi na rayola da lua buligante polo-o teu leito e votareime no teu colo mentres durmas. Trocareime no teu sono, e pol-as fendiñas das tuas palpebras, paseniño hei chegar a me afundire no teu repouso; e cando espertes asustada e olles en redor, sairei voando, como unha tremelante volvoreta miudiña. Na festa grande de puja, cando veñan a brincaren na casa os nenos do veciño, deitarei eu na cantiga cristaiña de flauta e latexarei todo o día, no teu corazón. Tía traguerá lilailas e perguntará: "¿E o neno, onde está, irmanciña?" Ti, ña nai, diciráslle docemente: "Está nas meniñas dos meus ollos, está no meu corpo, está na miña i-alma."
(Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 142, 15 de xuño de 1921)
domingo, 14 de agosto de 2016
Lúa Nova, 7
O PRINCIPIO
-¿De onde viña eu cando tí m´atopaches? perguntoulle o meniño a sua nai. Ela, a chorare i-a rire, respondeulle apreixándoo contro do peito:
-Estabas escondido no meu coraçon, coma seu anhelo, amoriño; estabas nas monecas dos xogos da miña infanza; e cando, cada mañán, formaba eu a imaxe do meu Deus con barro, facíate e desfacíate a tí; estabas no altare, c´o Deus do noso fogar, e, ao adorare a él, adorábate a tí; estabas en todal-as miñas esperanzas e en todol-os meus agarimos; viveches na miña vida e na vida da miña nai. Tí fuches creado, século tras século, no seio do espírto inmortal que rexe a nosa casiña. Cando meu coraçon adolescente abría as suas follas, flotabas tí, igoal que un arrecendo ao seu redore; tua tenra suavidade frolecía logo no meu corpo mozo como, d´antes de saire o sol, a luz no Ourente. Primeir amor do ceo, irmán da luz da alba, baixaches ao mundo no río da vida e ò fin acougaches no meu coraçón... ¡Qué misterioso desacougo me abraia ao te ollare a tí, meu fillo, que sendo de todos fixéchete meu, e qué medo a te perdere! ¡Así, ben apreixadiño contra do meu peito! ¡Ay! ¿Qué poder meigo tan añudado o tesouro do mundo a estes meus debles brazos?
(Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 142, 15 de xuño de 1921)
sábado, 13 de agosto de 2016
Lúa Nova, 40
O DERRADEIRO TRATO
Camiñaba eu, de mañan pol-a pedragosa estrada, cando, empuñando a espada,
chegou el Rei na sua carroza. ¡¡Vendo-me!! berrei. Tomoume El Rei da man, e
dijo-me: “Son poderoso e podo mercarte”. Mas de nada lle valeu o seu poder, e
foise sin min na sua carroza.
As casas tiñan pechadas as portas ao sol do mediodía. Eu errante polo-o
camiño torto, atopeime c-un vello que saliu ao meu paso c-un saco cheo d´ouro.
Dudou un punto e logo dijome: “Son rico e podo mercarte”. Unha por unha, alabou
as suas monedas. Mas eu volvin-lle as costas e fun-me.
Era noite e-o jardín estava en fror. Unha doncela gentil apareceu—se me e
dijo: “Mercote c-a miña surrisa”. Mas o seu surrir desvaeceuse, palidecendo,
nas suas bágoas, e foise, sola, outra vez, na sombra.
Relocía o sol na praia e as ondas do mar esgazaban-se caprichosamente.
Sentado na area, xogaba un neno c-as cunchas. Ao pasar eu, erguen a cabeza, e
como si me conocera, dijome: “Nada teño, podo mercarte por nada”. Dende que, n-un xogo de nenos, fixen este
trato, son un home ceibe.
viernes, 12 de agosto de 2016
Gitánjali, 60 / Lúa Nova, 2
N-AS PRAIAS
N-as praias de
todol-os mundos xúntanse os nenos. O ceo infinito encálma-se sobre as suas
cabezas; a auga, impacente, alborota-se.
N-as praias de
todol-os mundos, os nenos xúntanse ridentes e bailando.
Fan casiñas de
area e xogan c´as cunchas. Seu barco é unha folla murcha que botan, surrintes,
na basta profundidade. Os nenos xogan n-as praias de todol-os mundos.
Non saben nadar;
non saben votar as redes. Mentras o pescador de pelras afonda-se por elas, e o
mercader navega n-os seus navíos, os nenos collen pedriñas e volven a tiral-as.
Non buscan tesouros escondidos, nin saben votar as redes.
O mar érgue-se, n-unha
gargallada, e brila pálida a praia surrinte. Ondas asesinas cantan aos nenos
baladas sin sentido, o mesmo que unha nai que mecera o seu fillo no berce. O
mar xoga c-os nenos, e, pálida, loce a surrisa da praia.
N-as praias de
todol-os mundos xúntanse os nenos. Roda a tempestade pol- o ceo sin camiños, os
barcos naufragan no mar sin rutas, anda solta a morte, e os nenos xogan. N-as
praias de todol-os mundos xúntanse, nunha gran festa, todol-os nenos.
(Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 100, 15 de setembro de 1919) jueves, 11 de agosto de 2016
A Colleita, 55
O POETA TULSIDAS
Tulsidas, o poeta, vagaba pensoso, beira do Ganxes, pol- o paraxe solitario onde queiman os mortos.
E atopóu a unha muller que s´hachaba sentada ôs pes do cadavre do seu home, vestida aledamente como pra unha boda.
Erguéuse ela ô fitalo, saudóuno, e díxolle: "Dóname a tua beizón, Mestre, que quero irme ô ceio cô meu home."
Tulsidas respondéulle: "¿Qué presa tes, miña filla? ¿Non é tamén ista terra d´aquel que fixo o ceio?"
"O ceio me non importa", dixo a muller, "o que quero é o meu home."
Tulsides contestóulle sorrindo: "Anda â tua casa miña filla. Denantes de rematar iste mes atoparalo."
E a muller tornóuse â sua casa, dichosa d´espranza.
Tulsidas iba todol-os días a vela, e faguíalle pensar en cousas outas e ateigóulle o corazón d´amor divino.
Cando o mes pasóu, viñeron os veciños â sua casa, e perguntábanlle: "Muller, ¿atopaches xa ô teu home?"
A muller sorría e decía: "Si."
E eles quixeron ollalo, e perguntábanlle agoirantes: "¿Onde está?"
"O meu Señor háchase no meu corazón, ven conmigo", dixo a muller.
miércoles, 10 de agosto de 2016
A Colleita, 34
Primeiros textos traducidos ao galego de Rabindranath Tagore. Foi publicado
na revista "A Nosa Terra", no número 38, o 30 de novembro de 1917, na
sección "Contos alleos", xunto ao poema "O mestre e as xoyas", que se corresponde co número 12 do mesmo libro, "A colleita". Aínda que non aparece citado o tradutor,
trátase de Vicente Risco. Aparece por primeira vez co título "O desterro". Ao ano seguinte, o 30 de maio de 1918, no nº 26 da mesma publicación, "A nosa terra", aparece traducido, de novo, pero con múltiples variantes, e titulado "O santo Narottam". Recollemos as dúas versións.
O DESTERRO
"Señor, o santo Narottam nunca dígnase vir ô teu tempro real", dixo ô Rei seu servo: "Si foras â alboreda do camiño, ollarías a xente atropellarse pra ouvirlle cantar as gabanzas de Deus, como enxame d´abellas orredor d´un loto branco. ¡E o tempro, entramentras, háchase valeiro, sin servizo o dourado tarro de mel!"
(Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 56, 30 de maio de 1918) 2ª versión
O DESTERRO
-"Maxestade,- dixo o súbdito ô rei- o santo Norottam endexamáis dignóuse entrar no
teu tempro, e cantando anda gavanzas a Deus, baixo das albres nos camiños reás.
Noso tempro atópase deserto.
Os feles prefiren
axuntárense ô seu redor com´as
avellas ô redor do branco loto, desprezando o dourado cális de mel."
O rei cô corazón tristeiro foise xunto de Norottam qu´istaba sentado sobor da herba, e
díxolle:
-"Pai, ¿por qué deixas meu tempro de cúpulas
d´ouro,
e séntaste no chan a perdicar o amor de Deus?"
-"Porque Deus non háchase no teu tempro-
repricoulle-o Santo.”
"O rei frunceu o ceño, dixo: - "¿Non
sabes qu´enfaguer isa maravilla d´arte gastáronse vinte millós, e que foi
consagrado á Deus en meio de suntuosos rituaes?
-"Si, ben-o sei,- repricóu Norottam-. Foi n- aquil ano en que milleiros de teus
súbditos cuios seus lares foran queimados, improraban inútilmente tua
misericordia âs portas do teu tempro. E Deus dixo: N´é posible qu´istos
desleigados que non saben socorreré á seus irmáns, sexan os que fagan a miña
casa… I-elixéu o seu posto entr´os desamparados nos camiños reás, â soma das
albres.”
O Rei berróu encabuxado: -"¡Vaite da miña
terra!"
Tranquilamente o santo respondéu: -"Sí, fas
ben, destérrame á onde desterrache meu
Deus."
(Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 38, 30 de novembro de 1917) 1ª versión
O SANTO NAROTTAM
O Rei magoado no seu corazón, foise ô campo onde Narottam ouraba sentado na herba, e díxolle: "Pai, ¿por qué te sentas no polvo do campo, pra predicar o amor de Deus, e non vas ô meu tempro da cúpula d´ouro?"
"Porque Deus non s´hacha no teu tempro", respondéu Narottam.
"O Rei, ceñudo, dixo: "¿Non sabes que se gastaron vinte millós d´ouro en erguel-a maravela; que foi consagrado côs mais costosos ritos?"
"Si", contestóu Narottam, "seino. Foi n- aquel ano en qu´o fogo abafóu ô teu pobo; e milleiras de probes viñeron en vano a pedir â túa porta. Decía Deus: "¡Miserabre ser que non pode donar casa ôs seus irmáns, e quer erguel- a miña!" E foise côs desvalidos, baixo os álbores do camiño.
Cheo de carraxe, o Rei berróulle: "¡Vaite do meu reino!"
O Santo respondéulle tranquilo: "Si, destérrasme a onde desterraches ô meu Deus."
(Vicente Risco, A Nosa Terra, nº 56, 30 de maio de 1918) 2ª versión
martes, 9 de agosto de 2016
A colleita, 64
Xa o sol puxérase antre o enredo
do bosque, sobor do río. Os nenos da ermida voltaran cô gando, e hachábanse
sentados ô fogo, ouvindo ô seu mestre Gantama, cando chegóu un neno desconocido
e saudóuno con froles e froitos. Logo, trais un fondo cumprimento, díxolle con
voz de paxaro: “Señor Gantama, veño a que me guíes pol-o sendeiro da verdade.
Chámome Satyakama.”
“Bendito sexas”, díxolle o
Mestre.
“¿E de qué casta eres, meu
fillo? Porque soio un Bramín pode
aspirar â suprema sabiduría.”
Contestóu o neno: “Non sei de que
casta son, Mestre: mais vou a perguntarllo â miña nai.”
Despidéuse Satyakama, cruzóu o
rio polo-o mais estreito, e voltóu â chouza da sua nai, qu´hachábase ô remate
d´un areal, fora da aldeia xa dormida..
A lampa alumeaba débilmente a
porta, e a nai hachábase fora, de pe na soma, agardando a volta do seu fillo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


