"Moi recentemente, percorrendo eu os arredores de Ourense, alí onde son os outeiros calvos, os piñeirais e as corticeiras, os verdes érbedos e o bruido constante da chicharra nas raxeiras de verao, polos montes do Cumial, e deixándome tamén ir polas marxes da Barbaña dos sapoconchos en Porto Seixiño, non lonxe dun Seixalbo pletórico de pozos, de canles de rego, de rianxo innumerábel, pensaba intensamente naquela cidade que ardía aló embaixo, abrumada polos picoutos, pola calixeira, por un sol inimigo e cruel."
Méndez Ferrín, Xosé Luis. "Limiar" en Contra Serenou de Manuel Guede. Ed. Sotelo Blanco. Barcelona, 1985. páx. 13.
No hay comentarios:
Publicar un comentario