"A súa zabena e esfarangallada saia ensinaba unhas pernas cuase astra a rodela, que a pesar de estar curtidas polo traballo e a xiada, daba ganas de apreixalas, e polas rendixelas do roto xustillo e do refaixo, víanse ás veces raxas de branca carne que faguían brincar o corazón e corre-la sangue ás vorcalladas.
Era unha tarde; o sol poñéndose tralas montanas, paresce que loitaba por desprender a súa dourada crencha dos lazos que as froles e os espiños lle habían formado con amor; os paxaros apoleirados nas silveiras dispúñanse a dormir, e alá lonxe, cal pombiña deitada en froles, víase a Ourense, da que se desprendía maino e confuso murmullo, misturado co acento das campás da ermida, que ás oraciós tocaban."
Heraclio Pérez Placer.“Pepa” (Un conto con moita historia). Publicado en dúas entregas en O Tío Marcos da Portela, Ourense, Parrafeo 148, páxs. 5-6 (3/10/1886) e Parrafeo 149, páxs. 1-3 (10/10/1886). Recuperado, posteriormente, no ano 1998 en Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer,
edición de Mª Isabel Soto López, Colección Narrativa Recuperada,
editada polo Centro Ramón Piñeiro da Xunta de Galicia, páxs. 527-534
No hay comentarios:
Publicar un comentario